web analytics

As Marcas Mariñeiras – La Guardia (A Guarda) e Póvoa de Varzim (1/4)

AS MARCAS MARIÑEIRAS. Son un sistema de protoescrita utilizado tamén en Póvoa de Varzim, Portugal.

👉A marca mariñeira utilízase na Guarda para marcar os aparellos da pesca, os útiles propios de cada casa (fose roupa ou mesmo mobles ou utensilios do fogar), os aparellos de labranza… incluso os taberneiros apuntaban no caderno de ventas ao fiado a marca da persoa en cuestión, e a veciñanza lles daban cadansúa marca na Comandancia, a modo de rexistro. En definitiva, as marcas son un símbolo de identidade que teñen ido máis aló do mar, como acontece na Póvoa de Varzim, onde se rexistraron tumbas coas marcas mariñeiras ou siglas poveiras.
👉Este símbolo de identidade era transmitido principalmente de xeración en xeración masculina. Hai algún caso dalgunha muller que posuía aparellos de pesca por herdanza pero, tendo redes e non podendo ir ao mar, estas servíanse do “meeiro”; un mariñeiro que carecía de redes, ou outro aparello de pesca imprescindible para desenvolver o labor. Desta forma, a muller proporcionaba os aparellos que herdou do patrucio e o mariñeiro ía ao mar. Logo, repartíanse a pesca ou a ganancia a medias.
👉Ao igual que acontece noutros oficios considerados masculinos, era habitual que a muller perdese a marca e aparellos herdados en beneficio do marido, que asumía o símbolo do sogro.
👉Hoxe, no dique norte do porto da Guarda podedes gozar dun museo aberto que amosa sobre 300 marcas con elementos da vila.
.
(ES)
🔵Las MARCAS MARINERAS. Son un sistema de protoescritura utilizado también en Póvoa de Varzim, Portugal.
👉 La marca marinera se usa en A Guarda para marcar los utensilios de pesca, los útiles propios de cada casa (ropa, muebles y otros utensilios del hogar), las herramientas de labranza… Incluso los taberneros apuntaban en el cuaderno de ventas al fiado la marca de la persona en cuestión, y el vecindario daban su respectiva marca en la Comandancia, a modo de registro. En definitiva, las marcas son un símbolo de identidad que han ido más allá del mar, como ocurre en la Póvoa de Varzim, donde se registraron tumbas con las marcas marineras o siglas poveiras.
👉Este símbolo de identidad era transmitido principalmente de generación en generación masculina. En alguna ocasión, la mujer podía llegar a tener utensilios de pesca por herencia y, teniendo redes pero no pudiendo ir al mar, esta se servía del “meeiro”, un marinero que carecía de redes. De esta forma, la mujer proporcionaba los aparatos que heredó del cabeza de familia y el marinero iba al mar. Luego, se repartían la pesca o la ganancia a medias.
👉Al igual que en otros oficios considerados masculinos, era habitual que la mujer perdiera la marca y la herencia en beneficio del marido, que asumía el símbolo del suegro.
👉En el dique norte del puerto de A Guarda podéis disfrutar de un museo abierto que muestra sobre 300 marcas con elementos de la villa.
.
.
(Bibliografía: Ferreira Lourenzo, A. 1995. “As marcas dos mariñeiros da Guarda”. Anabam)

Fontes:
Atlantic CultureScape / A Guarda – Facebook, consultado a 22 de dezembro de 2022.
Atlantic CultureScape – Website, consultado a 22 de dezembro de 2022.

Deixe um comentário

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *